Rótulos Mace cambia a imaxe corporativa de “Banif” á marca “Santander Private Banking”

O pasado 6 de maio todas as oficinas de Banif amenceron coa súa nova marca: “Santander Private Banking”.

Os operarios de Rótulos Mace traballaron arduamente o primeiro fin de semana de maio para proceder ao cambio de nome en 18 das antigas oficinas da antiga filial de banca privada.

Unha liña elegante, compatible co status da entidade financeira identifica agora as oficinas de Santander Private Baking, que por primeira vez ten oficinas de banca privada a pé de rúa, ao ter herdado as que correspondían a Banif, que arrastraba 50 anos de historia.

O rebranding de Banif forma parte do proceso da adquisición de Banesto polo grupo Santander, que tamén actualizou a imaxe da entidade engadindo o seu logo.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *